martes, 23 de abril de 2013

Consecuencias Guerra Civil española

Axuda aos dous bandos do conflicto

DESPEDIDA DAS BRIGADAS INTERNACIONAIS


AXUDA DE HITLER A FRANCO


No primeiro video podemos ver como as chamadas Brigadas Internacionais se despiden logo da axuda que aportaron ao bando perdedor; o bando dos republicanos que a pesar de perder esta Guerra, despiden ás Brigadas Internacionais con orgullo e satisfacción posto que foron un punto clave para eles mais no segundo dos vídeos podemos apreciar como Franco e Hitler se reúne para axudarlle ao que sería futuro dictador por aqueles anos de Guerra para que así o bando dos nacionais gañara este conflicto bélico.Eu penso que Hitler axudoulle ao bando dos nacionais principalmente para poder ter aos seus soldados preparados fronte ao que lle esperaba; a II Guerra Mundial, por iso se reúnen ambos personaxes de forma secreta como en trens por exemplo e saíndo só a luz pequenos detalles os cales son indispensables para poder levar a cabo as operacións necesarias para a victoria

martes, 9 de abril de 2013

Galería de imaxes da Guerra Civil

FRANCISCO LARGO CABALLERO
  Naceu en Madrid no 1869 e morreu en  París no 1946.Largo Caballero foi un sindicalista e político español,dirixiu o PSOE e a UXT. 
  Participou na organización da folga xeral revolucionaria de 1917 polo cal foi condenado a cadena perpétua en Cartaxena pero anos despois xa estaba fóra da cadea
  Durante a Segunda República foi Ministro de Traballo e nos anos 1936 e 1937; ocupou o cargo de Presidente do Goberno e logo da derrota repubicana na Guerra Civil exiliou a Francia.
  No ano 1940 internárono no campo de concentración de Sachsenhausen-Oranienburg, no cal pasou gran parte da II Guerra Mundial, sendo liberado polo Exército Vermello, pasando a residir en Paris ata a súa morte

OUTROS PARTICIPANTES RELEVANTES
José Calvo Sotelo

Juan Negrín

Emilio Mola

Manuel Azaña

Francisco Franco
Francisco Franco